Visitas

Free Counter

19/10/09

Jordi Pons en Trevinca



ORÍXES E EVOLUCIÓN DO ALPINISMO EN EUROPA
Proxección e conferencia de Jordi Pons




O Autor:
D. Jordi Pons Sanjinés preséntase como alpinista e cineasta catalán, autor de numerosos films de 16 mm. Algúns deles premiados no Festival Internacional de Trento (Italia), Los Diablerets (Suiza) e Torelló (Cataluña). Como alpinista participou na primeira expedición española aos Andes de Perú en 1961, conseguindo o difícil cume do Huascarán Sur pola arista NE. A partir dese ano realizou varias expedicións aos Andes e ao Himalaya, onde conseguiu ser o primeiro español en acadar o cumio dun 8000, sería o Anapurna. Logo virían o Dhaulagiri, Cho Oyu e Gasherbrum II. A ascensión ao Everest en 1982 veríase truncada a 8500 m de altura pola morte dun sherpa.
É o primeiro alpinista español en conquerir as tres paredes norte ( Cervino, Eigger e Grandes Jorasses ). En 1959 realiza o primeiro intento á parede norte do Dru. En 1972 fai un segundo intento e novamente o mal tempo os manda para abaixo. Acontece o mesmo en 1974, pero 44 anos máis tarde é quen de conseguilo: " A los 70 años fallan muchas cosas, pero la tenacidad no."
Actualmente é Vicepresidente da FEDME e Membro de Honra da UIAA ( Unión Internationale des Associatións d’Álpinisme) Honor que só comparten Sir Edmund Hilary, Hill Ptutnam, Robert Leopold y Walter Bonatti.
Tamen é Membro de Honra da UPAME (Unión Panamericana de Asociaciones de Montañismo).
Presentación:
O acto será presentado por D. Xosé Lois Freixeiro López, presidente da Federación Galega de Montañismo, Vicepresidente da FEDME, e Socio de Honra do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.
Venres 23 de outubro 2009 ás 20:00 h
Lugar: Novo Centro Social Caixanova
( Rúa Policarpo Sanz, 26-2º - VIGO )
Coa colaboración do CLUB FARO DE VIGO
Organiza:

No hay comentarios:

Publicar un comentario